viernes, 5 de septiembre de 2014

Castro de Cabeceiros (A Veiga, Ourense)

Un castro en Prada (A Veiga).
"Descripción. Visibilidade: para as estructuras defensivas é boa-media, no resto do emprazamento e media –baixa. Características do en
clave: a fortificación atópase situada nunha ladeira sobre un pequeno promontorio rochoso. Ten como defensas dous recintos amurallados completos con terraplens e foxos (dobres polo norte). Murallas de 2,5 a 3 metros de espesor e preto de 4 m de altura conservada na cara norte, feitas en cachote de pedra local (granitos e xistos) e cun recheo de terra, algúns restos moi miudos de pizarra completan os materiais á vista. Outra muralla parcial pouco apreciable cecáis dobre polo norte que é a zona de máis doado acceso. Malia atoparse en pendente está é moi levadeira de feito que tivo que reforzarse a defensa norte, leste e oeste con grandes traballos de construcción. A cara sur cecais teña tamén importantes obras aínda que nesta primeira aproximación non nos foi posible inspeccionar todo o recinto. Descoñecemos o acceso orixinal ó poboado. Cara o leste ábrese un amplo espacio cáseque de chaira no que foron feitas varias terrazas aínda que non as podemos situar cronolóxicamente. A provisión de auga está asegurada polos regatos que baixan das montañas e na actualidade non hai que andar máis de 200 m. para atopar auga, os nacentes destes regos tamén se atopan próximos. As dimensións estimadas son de 110 m no eixo N-S e 150 m no eixo O-L. A superficie interior sen contar os foxos e de preto de 10000 m². ó norte do castro cara a pista hai un amoreamento de pedras moi próximo, que se semella pola súa estructura, ás chamadas mámoas de Meda xa que incluso conta cun “foxo” centrado. Como as mamoas de Meda semella un amoreamento producido pola labranza das terras e non o relacionamos cun elemento arqueolóxico prehistórico. Contexto arqueolóxico: os xacementos máis próximos que atopamos no contorno son o Castro de O Castelo e as Mámoas de Pedra Ma, situados ambos ó sur do castro que nos ocupa".
Fuente: Ficha de catalogación. Juan M. González de Carballo, arqueólogo

No hay comentarios: