sábado, 1 de febrero de 2014

Mina de Grobas (O Carballiño).

Mina de Grobas (O Carballiño).

Texto: Juan M González de Carballo, arqueólogo.

O sur de O Penedo e co característico nome de Grobas atopase unha antiga explotación mineira hoxe enmascarada en parte polos movementos de terra, as canteiras e máis o mato. O lugar no que se encaixa o Río do Varón ten todas as características necesarias para incluirse dentro dos lugares sinalados como mineiros dentro do catálogo arqueolóxico de O Carballiño. Formalmente é un gran socavón ou grova que eliminou en parte a rocha na busca do mineral. 
O termo groba ou grova, adoita referirse en Galicia os valeiros que no terreo deixan as explotacións auríferas, polo xeral romanas, das que hai varios exemplos no propio termo municipal. Este claro “marcador toponímico” xunto coa coincidencia no lugar dunha falla na que se encaixa o río e que permite a “infiltración” de minerais asociados ó granito e ós esquistos dominantes no espacio.