jueves, 22 de septiembre de 2016

Un cura de San Andrés de Ervededo

Noticia publicada no semanario satírico "EL MOTÍN",de Madrid. Suplemento ó nº 4, 31 de xaneiro de 1889.



Fonte: Biblioteca Nacional (Madrid).

lunes, 18 de julio de 2016

A Ponte de Carrás. O Carballiño.

Unha das entradas máis importantes do Carballiño sempre foi a "Carretera de Ribadavia", que cruza o Río de Carrás (chamado tamén de Varón ou Barón, segundo os lugares polos que pasa) pola ponte feita ó mesmo tempo que a estrada. Non obstante aínda se conserva a Ponte de Carrás, obra antiga e de orixe descoñecido (cecáis medieval) que o "progreso" e máis a ignorancia sepultaron baixo toneladas de escombro e edificacións de dubidosa legalidade, esta ponte entraba no pobo polo "Cuartel Vello" e máis a casa "das Mosquera", bos edificios desaparecidos inexplicablemente hay poucos anos. Tanto a ponte coma a "fábrica de xabón" anexa, a levada dos Quirogas e a zona que se empregaba para lavar a roupa desapareceron e incluso o antigo esmoleiro que que recordaba unha morte tamén sufriu cambios a ata desapareceu unha tempada, hoxe volveu á estrada aínda que non ocupa o seu lugar orixinal.
Composición de lugar no ano 1956 ("Vuelo americano serie B").
Cruce da Carretera de Ribadavia coa de Ourense a Pontevedra ("A Porta do Sol", segundo decía a Carmen "das Virolas") cara a 1930. Á dereita a última casa era o Cuartel Vello.

domingo, 17 de julio de 2016

Privación de mejora que otorgó Dn. Juan Francisco de Prado. 26 de junio de 1811.

Documento gardado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, outorgado por Don Juan Francisco de Prado y Fuentes, abogado e veciño de Villarderrey no concello de Cenlle.
Nota proporcionada por D.Xosé Ricardo Rodríguez Pérez.

sábado, 16 de julio de 2016

O camiño de Señorín a Mesego no Carballiño.

Os camiños antigos que caeron en desuso van desaparecendo pouco a pouco. Este era o vello camiño que dende Mesego se achegaba ata Señorín pola beira da igrexa parroquial. Era un camiño para percorrer a pe ou en sela porque o seu ancho e as escaleiras que salvaban a pendente preto da igrexa de Señorín non permitía o paso dun carro. Como moitos outros camiños que compuñan a trama viaria da contorna do Porto do Carro foron desaparecendo uns por desuso, outros simplemente foron pechados e algúns incluso foron roubados polas propiedades lindantes.
Fotografía do "Vuelo Americano serie B".(1957)

jueves, 18 de febrero de 2016

Ervededo, Cenlle. Repartimento de 1041 reales y 20 mrv.

Documento da Contribución Directa correspondente á Parroquia de San Andrés de Ervededo (hoxe desaparecida e adscrita a Razamonde), do tercio do mes de xuño do ano económico de 1821.

Dn. Bernardino de Prado y Fuentes. Documento privado

Documento privado de compra-venta datado en Villar de Rey (Xurisdicción de Roucos, Cenlle) en 6 de xaneiro de 1824 e redactado por D. Bernardino de Prado y Fuentes, fidalgo, abogado e veciño do lugar. 

Todos os intervintes (José Pérez, Domingo Varela e Juan Lorenzo), son parentes en diverso grado, polo cal evítanse complicados formulismos e aínda o papel timbrado que se poden observar noutros documentos semellantes.



domingo, 7 de febrero de 2016

Cruceiro da Igrexa Vella no Carballiño

O cruceiro da Igrexa Vella, hoxe na Eira de Flores desprazado do seu vello lugar fronte a Igrexa Vella no centro do pobo seica estivo antes tras do edificio do concello. Segundo relato de Juanita ("a Amarilla", hoxe xa desaparecida e persoa moi coñecida no pobo)este cruceiro atopábase en tempos no camiño que sobe por Flores, fronte "ó cárcere" e foi trasladado sendo ela pequena, acordáballe pois foi a cerimonia do traslado que se celebrou cunha procesión e a bendición do novo lugar.